Tendemos a movernos dentro da nosa “zona de confort“; facendo as cousas que nos resultan doadas, relacionándonos con persoas que non nos supoñen retos, movéndonos con precaución. Por que?. Porque isto nos fai sentir seguros, cremos que así poderemos controlar o que nos vai pasar. Máis, a seguridade non existe, é unha falacia.
Só podemos medrar nas nosas vidas cando nos arriscamos ao novo, a aprender, a aceptar novos retos ou desafíos.
Vivimos nun momento histórico e político, que nos mantén aletargados. O benestar fai que as persoas se acomoden, que non se arrisquen por medo a perder o que teñen, aínda que moitas veces iso que posuimos non nos agrade e nos faga sufrir. O que acontece cando nos enfrontamos aos nosos medos, é que medramos persoalmente e con nós, facemos tamén mudar á nosa contorna.
Plantarlle cara ao medo asusta, pero cando damos un paso adiante e nos enfrontamos a el, chega a liberación e a autorealización.
Con este curso “Vence os teus medos”, pretendemos axudarte a enfrontar os pequenos medos que te limitan na túa vida e non te permiten ser 100% ti mesmo. Eses medos que cohartan a túa liberdade para achegarte ao que desexas.
Onde rematan os teus soños? Nun lugar chamado medo.
Data de comezo e horario do curso:
Un día á semana, 90 minutos (o día da semana e a hora pactarase cos asistentes).
Para máis información contacta connosco aquí.