As investigacións existentes, apuntan a que existe unha importante relación entre alimentación e psique; detrás de gran parte dos desordes alimenticios, adoita haber conflitos emocionais, familiares e vacíos existenciais. Isto sucede debido a que a alimentación propiamente dita (comida) e a alimentación afectiva están estreitamente vencelladas.
Tras un xeito desordeado ou desequilibrado de comer, poden esconderse emocións e sentimentos que non nos atrevemos a expresar ou que non nos damos permiso para sentir. Así, os desordes alimenticios, poden ser a punta do iceberg de carencias afectivas, dependencias emocionais, ansiedade, tristura, frustración, etc.
Do anterior despréndese, polo tanto, o esencial de escoitar ao noso corpo e de entender que trastornos alimenticios como a bulimia nerviosa ou a anorexia, son un conxunto de síntomas que constitúen unha especie de caparazón baixo o cal escóndense os auténticos motivos dese gran malestar emocional.
É por isto que, todos/as teríamos que ocuparnos de realizar un traballo persoal que nos leve a mergullarnos dentro de nós e así, a coñecernos máis, de xeito que cada vez sexamos máis conscientes de nós mesmos/as, dos nosos pensamentos, das nosas emocións e tamén do noso corpo, xa que a imaxe que temos do noso propio corpo, é dicir, a interpretación que facemos do seu aspecto é enormemente subxectiva, xa que se vai construíndo á par da nosa historia afectiva.
Se na nosa infancia e nas nosas interaccións persoais tanto pasadas como actuais, predominan emocións como a desaprobación, a censura, a humillación, a infravaloración, etc, é moi probable que teñamos unha imaxe negativa do noso corpo e da nosa valía como persoas.
Nembargantes, se as nosas relacións cos demáis, estiveron e están habitualmente tinxidas de emocións positivas e gratificantes, como a aceptación, o afecto, o agradecemento, etc, teremos unha autoimaxe positiva e por ende, unha autoestima sá, que nos protexerá non só dos trastornos alimenticios, senon de calquera outra dificultade ou trastorno.
Cultívate a ti mesmo/a e cultiva as túas relacións; aliméntate por dentro e por fóra, apartando a toxicidade e comenzarás a descubrir as túas fortalezas persoais.