As persoas que atopan o amor poden sentirse moi afortunadas, mais as relacións hai que mimalas para que perduren no tempo.
As parellas que se consolidan como tales e que mais tarde deciden ter (o no seu caso adoptar) a un neno/a, adoitan vivenciar un distanciamento da parella debido ä dedicación que supón o feito de ser pai/nai. Estas parellas vólcanse nos seus fillos e na súa educación, deixando nun segundo lugar a súa relación de parella.
Ser pais forma parte dunha das etapas polas que adoitan pasar as parellas, mais este só é un dos roles que desempeña unha persoa na súa vida (ser fillo, esposo/a, traballador/a, parella…).
Todas as persoas crecemos interiormente ao longo da nosa vida e isto pode facer que, nalgún intre, xurdan dificultades nas parellas, xa que non todos evolucionamos na mesma dirección nin na mesma medida.
Aínda que isto aconteza, non significa que a parella teña que chegar a desaparecer; se hai compromiso, intimidade e paixón, todo se pode solucionar.
A vida está chea de obstáculos que hai que superar. As parellas teñen ciclos e etapas ao igual que as persoas; superar as crises xuntos axuda a medrar a cada membro da parella por separado e aos dous xuntos como equipo.
Neste curso “Reencontrarte coa túa parella” dotarémosvos de ferramentas útiles para afrontar as dificultades, para crear espazos para vós, como parella, a pesares da boráxine que supón a educación dos fillos e así poder facer un traballo conxunto que vos una aínda máis e que vos faga profundizar na vosa relación.
Se estades interesados neste curso e queredes solicitar máis información, pica aquí.