This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.
Reeducación
A reeducación ou reforzo escolar permite desenvolver as capacidades das persoas ao máximo, independentemente dos recursos ou carencias que estas poidan presentar.
Partimos do empoderamento e dos recursos, e o noso traballo implica atopar o camiño axeitado para acompañar a cada un dos/as nenos/as cos/as que traballamos na adquisición dos coñecementos e capacidades que lles resultan difíciles de acadar. Para iso, en PARADOXO apostamos pola atención individualizada das persoas e isto pasa polo deseño dun plan de traballo axustado ás necesidades de cada unha delas. Ademais, consideramos fundamental a aceptación das devanditas necesidades, non coma un hándicap, senón coma unha característica máis da persoa.
No eido da reeducación, a meirande parte dos nosos casos, son nenos/as que presentan dificultades da aprendizaxe ("DA") e a nosa filosofía da "non etiquetaxe", evitando darlle un nome á dificultade, facilita que o/a neno/a exteriorice todo o seu potencial. Así, intervimos non só a nivel da dificultade académica, senón tamén a nivel persoal, reeducando a autoestima do neno/a, xa que sabemos que a percepción e a confianza que teña en si mesmo/a é fundamental para o seu benestar emocional e polo tanto, para o seu rendemento escolar.
Medios de comunicación que falan de nós:
Faro de Vigo: Guía para aprobar el verano escolar.. con nota
La Voz de Galicia: Nuevo curso... ¡mucha calma!
La Voz de Galicia: Os pais se sobreexpoñen nas redes e os fillos queren imitar esta conduta
La Opinión A Coruña: YouTube conquista al público infantil
La Voz de Galicia: La importancia del jugar por jugar
"TODA PREOCUPACIÓN TEN DIVERSAS SOLUCIÓNS. CHÁMANOS E AXUDAMOSCHE A ATOPAR A MÁIS AXEITADA PARA TI".