Centro de Psicología en Vigo y Redondela - Rexistro de Centros Sanitarios da Consellería de Sanidade: C-36-003028 y C-36-002157 paradoxo@paradoxo.es
(+34) 986 400 426

Psicoterapia

paradoxo psicoterapia vigo

O importante non é o problema, nin a cantidade nin a calidade dos recursos cos que contemos, senon a nosa actitude cara eles. A actitude que nos permite ser flexibles e creativos dando solucións, convencionais ou non, que nos satisfagan e nos aporten benestar... Se se mustia a flor do noso xarrón,... que facer?: tiramos o xarrón?; ou lle damos novas utilidades?...

Paradoxo
Paradoxo

Hai momentos na vida nos que as familias ou as persoas séntense insatisfeitas por diversos motivos: non están a vivir a súa vida como lles gustaría, as obrigas fan que non sexan quenes de ver aquelo que lles fai felices, deixan de crer que as súas vidas dependen deles mesmos, tentan solucionar un mesmo problema empregando unha e outra vez unha solución que lles resulta ineficaz, quedan atrapados nunha queixa sen ser quenes de transcendela e comezar a actuar, teñen medo de vivir, porque non se permiten soñar e loitar polo que queren, engánanse a si mesmos,... quen sabe...?.

Millóns de motivos son os que tratamos a través da Terapia Familiar, achegando ferramentas que permitan ás persoas voltar a ser responsables das súas vidas e non ficar atrapados na escravitude que supón seguir as normas que a sociedade impón, recuperando a liberdade, vivindo a vida como realmente desexan e así, rescatar o potencial que sempre levaron dentro.

A nosa orientación sistémica permítenos ofrecer aos nosos clientes algunha proposta que lles resulte útil, ou unha visión alternativa daquelo que lles preocupa, para así dar comezo a ese cambio que veñen buscando.

Partimos sempre de que:

  • As persoas teñen recursos.
  • Non vivimos illados, senón que formamos parte dun sistema no que todos nos influimos mutuamente.
  • Un pequeno cambio en calquera eido da vida dunha persoa, xerará cambios en todos os demais.
  • As persoas somos arquitectos das nosas vidas e por iso, temos a capacidade de reconstruílas.
  • Se concebimos e relatamos a nosa vida de xeito diferente, esta volverase diferente.
  • A comunicación con quen nos rodea é fundamental; a linguaxe é moi sutil e o saber empregala de xeito eficaz vai permitir sentirse e facer sentirse mellor aos demais.
  • E cremos firmemente que só deixamos de medrar e de aprender no momento en que morremos, física ou figuradamente.
psicoterapia paradoxo psicología vigo redondela

Talleres e cursos realizados por Paradoxo:

O pasado 3 de abril, Nuria Lago Fernández (Colx.:G-3639), como vogal da Sección de Educativa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG), presentou e coordinou a xornada formativa “Aproximación á violencia filio-parental: Prevención e intervención en situacións de conflito familiar”, impartida por Aroa González Álvarez e Raquel Gallego González, ámbalas dúas psicólogas da “Fundación Amigoó”, na que as devanditas relatoras, ofreceron unha formación teórica-práctica coa fin de posibilitar aos/ás asistentes a adquisición de estratexias eficaces para a prevención e intervención nesta problemática (VFP).


Medios de comunicación nos que participamos:

La Voz de Galicia: Los expertos recomiendan retrasar todo lo posible la compra del móvil a los niños

Radio Galega: Convivir en igualdade

La Voz de Galicia: Covardes

"TODA PREOCUPACIÓN TEN DIVERSAS SOLUCIÓNS. CHÁMANOS E AXUDAMOSCHE A ATOPAR A MÁIS AXEITADA PARA TI".