Centro de Psicología en Vigo y Redondela - Rexistro de Centros Sanitarios da Consellería de Sanidade: C-36-003028 y C-36-002157 paradoxo@paradoxo.es
(+34) 986 400 426

Parar, un hábito saudable

Parar, un hábito saludable

¿Canto tempo fai que non te paras?. Non parar por asuntos cotiáns, como por exemplo, agardar o autobús, ou para agardar a túa quenda nunha fileira, senón PARAR intencionadamente, deliberadamente. Non parar porque as circunstancias o requiren nese intre, senón tomar a decisión de PARAR.

En Paradoxo observamos a cotío, nas persoas que asisten ao noso centro de psicoloxía, principalmente cando é por motivos de ansiedade ou estrés, que se incorporasen ás súas vidas o hábito de PARAR periódicamente, o seu malestar melloraría.

É probable que, xa sexa na actualidade ou nalguna época pasada, te identifiques, ou te identificaras coa seguinte sensación: sentir a certeza de que si decidises PARAR nun momento dado, ou polo menos “baixar o ritmo” da túa vida, sentiríaste moito mellor; pero asemade e a pesares de ser consciente disto, sínteste como atrapado/a polas túas costumes, horarios, deberes e compromisos tanto persoais, como familiares, sociais e laborais. Pensas: “Seino e gustaríame!. Pero non podo!”.

Dende Paradoxo decímoste: sí podes!.

Sabemos que hai múltiples factores vitais (a familia ou persoas que podas ter ao teu cargo, fillos/as ou parella, se é o teu caso, o traballo, as tarefas e obrigas cotiás, o teu círculo social, etc) que, efectivamente, poden condicionar as túas posibilidades de PARAR, facendo isto máis doado ou máis difícil, pero non imposible.

Ninguén di que sexa sinxelo PARAR na nosa sociedade actual, de feito, vivimos persoal, laboral e socialmente, a un ritmo vertixinoso no que todo e todos/as van moi a présa, todo son esixencias e rixidez, acompañados duns parámetros sociais que, supostamente, hai que cumprir para encaixar e sentirse integrado/a.

Todo isto lévanos a vivir pisando o acelerador, apurados, coa sensación de que nunca hai tempo dabondo e ademais, nun casi permanente estado de alerta, coas consecuencias que isto ten a nivel físico e psicolóxico; é dicir, levamos un estilo de vida que é o caldo de cultivo perfecto para múltiples trastornos psíquicos, como a ansiedade, o estrés ou a depresión, así como para os trastornos do sono.

Como facelo?. Como acadar PARAR?.

Facéndoo. Poñéndote a elo.

PAUTAS PARA QUE PARAR CONVÉRTASE NUN HÁBITO SAUDABLE

Dende Paradoxo, propoñémoste unha serie de pautas e indicacións que vante axudar a PARAR, por fin e así benificiarte das mellorías que isto vai provocar, non só en ti, senón tamén nas túas relacións e na túa vida:

  • Planifica onde, como e cando: tal e como dicíamos, o ritmo apresurado de vida que levamos non o facilita, pero é por iso precisamente polo que é preciso planificalo; onde o vas facer (na túa propia casa e no teu pobo/cidade, ou noutro lugar), como (só/a ou acompañado/a; neste caso, de quen/quenes); canto tempo; unhas horas, un día, días) e cando (concreta exactamente a data/s, poñéndolle un comezo e un remate).
  • Vai de menos a máis: se pretendes comezar planificando un período de tempo amplo, pode que te cruces con dificultades á hora de planificalo e te atafegues, coa conseguinte frustración e desmotivación. É moito máis eficaz comezar por pequenos períodos de tempo (por exemplo, unhas horas ou un día), para que vaias tendo a oportunidade de ir comprobando progresivamente os beneficios e así ir integrando no teu estilo de vida, dun xeito natural, o proceso de PARAR.
  • Recomendámoste, sobre todo as primeiras veces, que o fagas ti só/a, xa que é unha maneira, por unha banda, de cultivar o teu autocoñecemento e a túa autoestima e por outra, de ir reeducando ás persoas da túa contorna en canto a este novo hábito que vas incorporar á túa vida.
  • Cada vez que pares, opta por alternativas de importante estimulación sensorial e baixa estimulación física e material; por exemplo, mellor unha contorna rural ou natural que unha urbana, mellor un lugar silencioso que con ruidos, unha bonita paisaxe, un paseo, unha masaxe, etc.
  • Conta con que as primeiras veces que pares, experimentarás sentimentos de estrañeza e incluso de culpabilidade. Tan só acéptaos e confía en que, cantas máis veces fagas o exercicio de parar, irán atenuándose ata desaparecer. Ten en conta que vivimos nunha sociedade na que a produtividade e o facer están sobrevalorados; non temos cultura “slow”, nin da contemplación; vivimos pasando polas experiencias, ficando tan só na superficie.
  • Cuando teñas dúbidas ou teñas a tentación de deixar de facelo, recréate nas boas sensacións que che aporta: non ter a obriga de facer nada en concreto, máis concentración, máis creatividade, mellor humor, relaxación, máis perspectiva para resolver as cousas, mellor calidade de sono, etc.

E o máis importante: o obxectivo é que o PARAR se instaure coma un hábito máis que forma parte da túa vida e non como unha obriga. Anímasche a parar?