Centro de Psicología en Vigo y Redondela - Rexistro de Centros Sanitarios da Consellería de Sanidade: C-36-003028 y C-36-002157 paradoxo@paradoxo.es
(+34) 986 400 426

Resiliencia para adoptados/as [Obradoiro]

A “resiliencia” é a capacidade para afrontar as adversidades vitais, non só superándoas, senón ademais, saíndo fortalecido e cunha aprendizaxe persoal das mesmas. Do mesmo xeito que é innegable que as experiencias positivas, de afecto e de aceptación incondicional durante os primeiros anos de vida, posibilitan a construción dun apego seguro e poñen, en gran medida, os alicerces da resiliencia, tamén é certo que todas as persoas posuímos a capacidade de resiliencia; esta é inherente a todo ser humano e pode potenciarse a través do traballo da autoestima, do autoconcepto, do locus de control, da tolerancia á frustración, etc.

En Paradoxo ofrecemos un obradoiro dirixido a nenos/as adoptados/as e a adolescentes adoptados/as, xa que sabemos que en moitos destes casos, hai unha historia de vida previa á adopción de carencias a diferentes niveis, o cal pode provocar que a capacidade resiliente destes/as nenos/as non estea o suficientemente potenciada.

Con este obradoiro, pretendemos, principalmente:

1) Que os/as nenos/as adoptados/as asistentes adquiran conciencia da súa capacidade de resiliencia.

2) Xerar neles/elas a certeza de que hai moitas cousas que sí dependen deles/as (locus de control interno).

3) Provocar a autoreflexión, acerca das súas capacidades e limitacións e de como se enfrontan aos conflitos.

4) Proporcionarlles ferramentas prácticas que poñan en marcha, desde o minuto cero, a súa capacidade de resiliencia.

Comezaremos no mes de xullo, celebrando 4 sesións, de 90 minutos cada unha, en grupos reducidos (por idades) e cun carácter práctico.

Para máis información, chámanos ao 986 400 426, ou escríbenos a paradoxo@paradoxo.es, ou consulta a nosa web: www.paradoxo.es

Logo GDPR Paradoxo
Visión xeral da privacidade

Ao navegar polo noso sitio web, podemos obter ou gardar información no seu navegador, mediante o uso de cookies. Esta información pode ser sobre as túas preferencias ou o teu dispositivo e usámola principalmente para que o noso sitio web funcione correctamente. Esta información non nos permite identificarte, pero pode personalizar a túa navegación e experiencia. Se o desexa, pode restrinxir o uso de determinadas cookies. Podes facer clic en cada unha das categorías de cookies e desactivar as que desexes. Por suposto, ten en conta que ao bloquear o uso de determinadas cookies, pode deixar de ter acceso a un servizo ou pode afectar á súa experiencia de usuario. Para calquera información adicional, pode acceder á nosa Política de cookies.