Centro de Psicología en Vigo y Redondela - Rexistro de Centros Sanitarios da Consellería de Sanidade: C-36-003028 y C-36-002157 paradoxo@paradoxo.es
(+34) 986 400 426

As novas tecnoloxías na infancia e adolescencia

Nuevas tecnología en la adolescencia

As novas tecnoloxías poden supoñer un adianto en moitos aspectos para as nosas vidas, pero tamén poden converterse nun potencial perigo, se chegan a constituirse coma un substituto de carencias emocionais, ou nunha excusa para non afrontar os conflitos e dificultades que nos vai presentando a vida.

O único xeito de desenvolver as habilidades persoais e sociais, é afrontando as situacións nas que as poidamos poñer en práctica. Sen embargo, as redes sociais, as apostas e xogos online, etc, chegan a converterse nun refuxio que evita que os preadolescentes e os adolescentes se enfrenten á realidade que lles toca vivir nesta etapa das súas vidas e que lles dará as ferramentas e a seguridade necesarias para afrontar as súas vidas de adultos.

En “Paradoxo” sabemos que cada vez son máis comúns as dependencias dos nenos/as e adolescentes aos dispositivos electrónicos. Se detectas que o teu fillo/a:

  • Está demasiado tempo frente ao ordenador, video-consola, tablet ou teléfono móbil e da a sensación de estar ensimesmado/a, aillado/a do que lle arrodea.
  • Se lle pides que deixe o dispositivo e faga outra cousa e el/ela irrítase, reaccionando de xeito negativo.
  • Se cada vez amosa menos interese en actividades que antes lle gustaban e prefire renunciar a quedar cos seus amigos/as ou se o fai, é para xogar con dispositivos electrónicos.
  • Se este tipo de condutas van progresivamente a máis.

Permanece atento/a e observa a súa evolución, xa que existe a posibilidade de que puidera estar fraguándose unha dependencia a estes dispositivos e se fose o caso, sería fundamental consultalo con especialistas, xa que a detección precoz é de gran importancia.

Logo GDPR Paradoxo
Visión xeral da privacidade

Ao navegar polo noso sitio web, podemos obter ou gardar información no seu navegador, mediante o uso de cookies. Esta información pode ser sobre as túas preferencias ou o teu dispositivo e usámola principalmente para que o noso sitio web funcione correctamente. Esta información non nos permite identificarte, pero pode personalizar a túa navegación e experiencia. Se o desexa, pode restrinxir o uso de determinadas cookies. Podes facer clic en cada unha das categorías de cookies e desactivar as que desexes. Por suposto, ten en conta que ao bloquear o uso de determinadas cookies, pode deixar de ter acceso a un servizo ou pode afectar á súa experiencia de usuario. Para calquera información adicional, pode acceder á nosa Política de cookies.