Centro de Psicología en Vigo y Redondela - Rexistro de Centros Sanitarios da Consellería de Sanidade: C-36-003028 y C-36-002157 paradoxo@paradoxo.es
(+34) 986 400 426

A IMPORTANCIA DA EDUCACIÓN SEXUAL E AFECTIVA

Educación sexual y afectiva

 

A sexualidade, ao igual que a sociedade, muda e evoluciona cos tempos. Nos anos 70/80, en numerosos países, comezou unha revolución sexual, que abriu as mentes das persoas cara unha sexualidade explícita e placentera e non só coma un mero proceso reproductivo.

Comezou a falarse da sexualidade abertamente, a tratar as dificultades e a comezar a educar na sexualidade.

Educación sexual e afectiva en adolescentes

Agora mesmo, en todos os centros educativos, os/as rapaces/as reciben educación sexual, mais unha educación centrada na prevención de enfermidades de transmisión sexual e de embarazos, unha sexualidade sanitarizada, por así dicilo.

Polo tanto, non reciben unha educación sexual e afectiva.

No medio de todo isto, a evolución das novas tecnoloxías abriu as portas á información sen límites e sen filtros tamén.

Debido a isto, agora os/as adolescentes non só poden acceder a esa información na aula, senón que en internet poden atopar todo tipo de contidos, como imaxes e vídeos sobre calquera tema, co positivo e o negativo que isto ten.

Educación afectiva na familia

Neste tempo a sociedade voltouse moito máis individualista, pragmática, consumista, impregnando todo o noso mundo dos valores do mercado e da publicidade, incluída a nosa sexualidade.

Polo tanto e baixo estas circunstacias, o mundo dos afectos e dos valores queda relegado á aprendizaxe familiar.

Mais nun contexto onde os menores pasan pouquísimo tempo cos seus pais e nais, xa que o traballo, as obrigas, as clases extraescolares e os deberes o enchen todo.

De “ningunha educación” á liberdade sexual

Estamos ante o paso dunha sexualidade regulada pola Igrexa a unha sexualidade regulada polo mercado de consumo e as novas tecnoloxías.

É dicir, pasamos dunha “ningunha educación” sexual e afectiva á liberdade sexual. Partindo disto é cando xorden numerosas preguntas como:

– ¿Estamos preparados/as para xestionar as novas realidades sexuais? ¿E para educar sexualmente nesta nova realidade?
– ¿Como se adapta esta liberdade á nosa natureza emocional, afectiva e sexual?
– ¿Sabemos vivir os novos xeitos de vinculación e desvinculación?
– ¿Que función cumple a sexualidade virtual? ¿Que riscos pode chegar a entrañar o contacto íntimo a través das redes?
– ¿Sabemos xestionar a nosa liberdadde sexual e amorosa resolvendo as nosas necesidades de contacto e vinculación?
– ¿Temos claro como educar en valores e afectividade aos nosos/as rapaces/as para que podan chegar a vivir a súa sexualidade plenamente, dotándoos das ferramentas necesarias para enfrentarse ás diversas realidades sexuais de hoxe en día e aos novos xeitos de vinculación?

Xestión da liberdade

O difícil da liberdade é saber xestionala sen facerse dano a un mesmo ou aos demais, por iso é fundamental obter unha educación sexual e afectiva que educe aos demais.

“A liberdade sexual e amorosa precisa dunha maior intelixencia emocional e dunha ética amorosa, para que todas as relacións sexuais sexan libres, consentidas e pracenteiras” (Félix López Sánchez “Amores y Desamores. Procesos de Vinculación y Desvinculación sexuales y Afectivos”).

Probablemente non haxa fórmulas máxicas para crear unha educación ideal. En Paradoxo, durante os nosos anos de experiencia no eido educativo e terapéutico, temos observado que existe unha carencia formativa no eido afectivo e emocional vencellada ao terreo sexual e amoroso.

Como resultado, non se fala do desexo, da paixón, do namoramento, de como querer, de como desexar, de como xestionar estas emocións que a todos nos poden chegar a abrumar nalgún momento das nosas vidas e que ninguén nos explica como vivilas con plenitude e respecto.

Respecto cara un mesmo, e polo tanto, tamén cara os demais.

¿Que tipo de relación queren vivir? ¿Unha relación centrada únicamente na paixón? ¿Centrada no compromiso? ¿Na intimidade? ¿Ou unha combinación de varias delas? (seguindo o modelo de Sternberg, 1988)

¿Que lles aportan cada unha destas dimensións? ¿Como manexar cada unha destas relacións? ¿Que dificultades e avantaxes teñen cada unha delas e as súas combinacións? ¿Por que ás veces están atrapados/as nun determinado tipo de relación? ¿Que limitacións persoais non lles permiten vincularse plenamente?

Finalmente, a todas estas dúbidas e a outras moitas máis, son ás que tería que dar resposta, a ser posible, unha educación afectivo – sexual de calidade.

Se estás interesado neste tema e queres saber máis, non esquezas contactar connosco.