Centro de Psicología en Vigo y Redondela - Rexistro de Centros Sanitarios da Consellería de Sanidade: C-36-003028 y C-36-002157 paradoxo@paradoxo.es
(+34) 986 400 426

Hipnose Ericksoniana

HIPNOSE ERICKSONIANA

En PARADOXO realizamos HIPNOSE ERICKSONIANA: Ámbalas dúas psicólogas que estamos ao frente de PARADOXO, somos HIPNOTERAPEUTAS ERICKSONIANAS, acreditadas polo “Instituto Erickson” de Madrid co 1o nivel en Hipnose Ericksoniana.

Paradoxo
Paradoxo

Que é a Hipnose Ericksoniana?

É unha técnica psicoterapeútica con moitas décadas de percorrido, que propicia a focalización da atención consciente, a través dunha disociación momentánea, permitindo así acceder a habilidades insconscientes da persoa
e polo tanto, favorecer a consecución dos seus obxectivos terapeúticos, que poden ser de diversa índole.

Hipnósis Ericksoniana | Paradoxo

Para que serve?

A Hipnose Ericksoniana é unha técnica de gran utilidade e eficacia en casos como os seguintes:
- Para ter maior control sobre a sensación de dor, xa que favorece a analxesia.
- Para controlar e manexar os síntomas da ansiedade, xa que provoca relaxación e distensión.
- Para potenciar a capacidade de afrontamento dos medos, traumas e fobias, propiciando a superación dos/as mesmos/as.
- Para mellorar as funcións do sistema inmune.
- Para potenciar a capacidade para afrontar os estados depresivos.
- Para axudar a paliar os efectos secundarios dalgunhas medicacións ou tratamentos.
- Para superar algunhas adiccións, como é o caso do tabaquismo.
- Para axudar na consecución de metas persoais e en liñas xerais, para o crecemento persoal.

Como traballamos coa Hipnose Ericksoniana:

Poden realizarse sesións de Hipnose Ericksoniana exclusivamente ata conquerir o obxectivo desexado, ou poden realizarse sesións puntuais como complemento dunha psicoterapia para así potenciar ou facilitar a resolución do que se esté a traballar na mesma.

Si se realizan exclusivamente sesións de Hipnose Ericksoniana, en primeiro lugar, teríamos unha entrevista persoal inicial, para coñecer a túa demanda, identificar as túas necesidades e obxectivos e así deseñar as sesións de hipnose personalizadas para o teu caso.

A continuación, acordaremos as citas para realizar cada unha das sesións, adaptándonos, na medida do posible, aos teus horarios.

Cada sesión de hipnose, ten unha duración de 60 minutos, durante os cales estarás totalmente consciente en todo momento, xa que a Hipnose Ericksoniana provoca a focalización plena da atención consciente a través dun agradable estado de relaxación corporal e muscular, grazas ao cal quedan en suspenso as dúbidas e os temores da persoa, xa que dito estado facilita o pensamento creativo e mais o acceso a funcións habitualmente relegadas ao sistema nervoso parasimpático e ao inconsciente, as cales se asocian a sensacións que adoitan estar vencelladas, por exemplo, á dor, á ansiedade, aos medos e fobias, etc.

O contido e a periodicidade de ditas sesións se irán axustando constantemente en función da túa evolución e melloras, ata chegar ao obxectivo desexado, no que remataría o tratamento.

CHÁMANOS E COMEZA O CAMIÑO CARA A CONSECUCIÓN DAS TÚAS METAS!