O pasado 9 de abril, realizamos en Santiago de Compostela uns obradoiros, organizados en dous grupos terapeúticos: un dirixido aos nenos/as e outro aos seus pais/nais, que se desenvolveron simultáneamente. A través de diferentes dinámicas, adaptadas ás características dos/das participantes de cada grupo, traballáronse os seguintes aspectos:
- Definición de conceptos: racismo, xenofobia e intolerancia.
- Facilitación da expresión das experiencias de discriminación, así como dos sentimentos e pensamentos que estas adoitan xerar.
- Claves para afrontar os ataques racistas e as experiencias de discriminación.
- Estratexias para o manexo das emocións, a canalización e a integración das mesmas; procurando a minimización dos efectos emocionais e o fortalecemento do autoconcepto e a autoestima.
En cada grupo se empregaron enfoques diferentes, que fixeron que se dese maior ou menor relevancia a cada un dos puntos tratados. Mentres que no grupo dos pais/nais se adestraron habilidades para proporcionar apoio aos seus fillos/as neste tipo de situacións, no dos nenos/as procuramos a práctica de diferentes estratexias que lles axudaran a enfrontar estas circunstancias.
Unha vez máis, foi un pracer para nós poder estar en contacto coas familias e compartir experiencias e coñecementos que nos enriqueceron a todas/os.