Cursos


Fortalecer a autoestima, adestrar a asertividade e as habilidades sociais, coñecer a nosa sexualidade, aprender a expresar as emocións de forma construtiva, estimular a creatividade... todos estes son eidos nos que PARADOXO desenvolve obradoiros formativos.
Vivimos nunha sociedade cambiante, que se move a un ritmo vertixinoso e que nos esixe actualizarnos e adaptarnos constantemente ás diversas transformacións que van acontecendo en todos os eidos: social, económico, laboral, familiar, persoal,...
Neste contexto, a estimulación creativa e o crecemento persoal supoñen unha ferramenta fundamental para o cambio, xa que proporcionan á persoa unha flexibilidade que lle permite ser máis resolutiva nas diferentes facetas da súa vida, como a comunicación, a expresión de emocións, a solución de problemas de diferente índole, o autocoñecemento, etc.
Coa nosa formación pretendemos xerar dúbidas que leven ás persoas a potenciar as súas capacidades, a súa sensorialidade e a súa sensualidade, axudándolles así a medrar máis aló dos límites que habitualmente se autoimpoñen; facilitándolles isto, ir na procura da súa plenitude, aumentando a súa capacidade de adaptación, creativa e de goce.
"TODA PREOCUPACIÓN TEN DIVERSAS SOLUCIÓNS. CHÁMANOS E AXUDAMOSCHE A ATOPAR A MÁIS AXEITADA PARA TI".