Centro de Psicología en Vigo y Redondela - Rexistro de Centros Sanitarios da Consellería de Sanidade: C-36-003028 y C-36-002157 paradoxo@paradoxo.es
(+34) 986 400 426

COMO ENFOCAR CON ÉXITO A “NOVA NORMALIDADE”

Nueva normalidad como enfocarla con exito

Tras a tempada de confinamento que tivemos que vivir por mor da Covid-19, anuncióusenos o comezo da chamada “nova normalidade”, entendida esta como unha nova etapa para a sociedade, na que supostamente e de maneira progresiva iríamos retomando as nosas actividades cotiás e os nosos costumes familiares e sociais; unha especie de transición cara a tan ansiada chegada dunha solución eficaz para o coronavirus.

A cuestión é que, o paso dos días e semanas, coa aparición de numerosos novos gromos, está poñendo de manifiesto que, desgraciadamente, a presenza da Covid-19 nas nosas vidas vai para longo. Así, o que nun principio poderíase enfocar como “transición”, actualmente amósasenos como unha “nova realidade social” innegable, con todo o que implica.

Estamos a comprobar como todos os eidos da nosa vida continúan “alterados”, o familiar, o social, o laboral e asemade, estámonos a decatar de que temos que asumir que estas modificacións estarán presentes a longo prazo.

As precaucións que debemos tomar e o comportamento responsable que nos esixe a pandemia do coronavirus, en gran medida, obrígannos a manter, dun xeito máis ou menos acusado, un permanente estado de alerta, que fai que resulte máis complicado desconectar e relaxarse.

Antes da Covid-19, os profesionais da psicoloxía, adoitábamos recomendarlle ás persoas que acudían a nós que aproveitasen o feito de ter uns días libres ou o irse de vacacións para romper ao máximo posible coas súas rutinas cotiás e para “desconectarse” da súa contorna habitual, xa que sabemos que isto é fundamental, non só para soltar o estrés acumulado durante todo o ano, senón tamén para “cargar as pilas” intelectuais e emocionais e así voltar con máis enerxía e con novas ideas e obxectivos a acadar. Así, en PARADOXO, continuamente constatábamos como as persoas, voltaban das súas vacacións cunha importante melloría.

Nembargantes, isto tampouco é posible este ano de pandemia, xa que moita xente, por prudencia, opta directamente por non marchar de vacacións e a que se vai, analiza coidadosamente o lugar do seu destino en función da situación sanitaria, sendo o habitual que sexa un destino preto ao seu lugar de residencia. Isto, unido a que incluso durante as vacacións, resulte prácticamente imposible non ver nin oír o bombardeo de novas diarias comunicándonos o estado actual da pandemia e os gromos detectados, fai realmente complicado desconectar e acadar serenar a mente.

É por isto que é moi importante que poñamos en marcha recursos persoais e emocionais por unha banda, para sobrelevar da mellor maneira este novo contexto social e por outra, para, no caso de ter uns días libres ou unhas vacacións, ser quenes de liberar o máximo grao de estrés e de sacarlles o máximo partido.

Nueva normalidad psicologia

Dende PARADOXO queremos trasladarvos unha serie de recomencións que sabemos que van ser de grande utilidade para isto e que vos van axudar a sentir como, a pesares da presencia do coronavirus, podedes ter igualmente unha vida persoal, familiar e social enriquecedora, afectuosa e positiva, así como tamén unha xornada laboral satisfactoria; estas son:

  • Levar a cabo as condutas preventivas poñendo atención plena en cada unha delas, mentres as realizamos, sen pensar máis alá, é dicir, sen pensar no que implican nin no seu significado; por exemplo: mentres nos lavamos concienzudamente as mans, prestar só atención á temperatura da auga, á suavidade do xabrón, aos movementos dos nosos dedos, etc.
  • No caso das familias con nenos/as, é recomendable instaurar ditas condutas preventivas como un hábito máis no fogar, como pode ser, por exemplo, lavarse os dentes e sobre todo, darlles un enfoque lúdico e positivo.
  • Trasladar tamén este enfoque positivo ás relacións dos/das vosos/as fillos/as cos demais familiares e cos seus amigos/as, plantexándolles a distancia social requerida como algo ventaxoso, xa que nos protexe a todos e tratando de procurar con eles/as xeitos alternativos de saudar á xente sen contacto físico (isto pode constituir un xogo moi interesante que ademais, contribúa a estimular a súa imaxinación).
  • No noso fogar tomar as medidas de precaución recomendadas polas autoridades sanitarias, enfocándoas como unha tarefa doméstica máis, realizándoas conscientes da súa importancia, pero sen deixarnos levar polos posibles pensamentos que irrumpan na nosa mente xerándonos a dúbida de se fixemos “isto ou aquelo” ou si se nos esqueceu, xa que, do contrario, correríamos o risco de desenvolver obsesións.
  • Se nos imos de vacacións, o destino destas non é tan importante como o que fagamos durante as mesmas; é dicir, non é tan importante o lugar ao que vaiamos, como a filosofía que caracterice a nosa vida durante as vacacións e esta debe xirar, sobre todo, arredor de tres eixos: a) rachar coas actividades cotiás, b) facer cousas e actividades novas que nunca antes experimentáramos e c) coñecer ou atoparnos con persoas coas que non estamos habitualmente ou que hai tempo que non vemos.
  • Ademais, durante as vacacións, aínda que efectivamente o prudente é estar informados/as das novas respecto da evolución do coronavirus, sobre todo na zona na que estemos, é igual de importante pautar os tiempos para elo, é dicir, decidir un intre do día no que xa sexa a través da radio, da prensa, TV ou internet, recollamos información actualizada, restrinxindo isto a ese único intre do día, xa que isto fará máis factible desconectar.

Se tentamos levar a cabo estas prácticas, non dende a autoesixencia, senón dende a perspectiva de que precisan un adestramento e de que, ao principio, custaranos máis traballo, con constacia chegarán a converterse en hábitos que nos permitirán integrar os cambios requiridos pola pandemia construtivamente e con éxito.