Centro de Psicología en Vigo y Redondela - Rexistro de Centros Sanitarios da Consellería de Sanidade: C-36-003028 y C-36-002157 paradoxo@paradoxo.es
(+34) 986 400 426

As crises nas parellas

Crisis de pareja - Psicólogos VigoA vida está constituída por ciclos, con comezo e fin. O mesmo acontece cos grupos humanos, coas organizacións e como non, coas parellas.

O seu desenvolvemento caracterízase por ciclos, diferentes etapas que teñen características propias (negativas, positivas ou un pouco de ambas) e que van marcando fitos na relación.

Habitualmente, o comezo de cada un destes ciclos, supón unha crise na vida da parella; dicimos crise, no senso de que remove e desestabiliza as costumes cotiás que están afeitos os membros da parella.

Algo cambia, por parte dun, doutro ou no contorno, que provoca desaxustes e require unha readaptación ás novas circunstancias.

En Occidente, é común que vivenciemos as crises de xeito negativo, anguriándonos e sufrindo; padecendo a desagradable sensación do medo á perda; dende á perda da rutina á que estamos afeitos, ata á perda da parella. A este respecto, cómpre salientar dous aspectos importantes:

  1. As crises, nas parellas e na vida, son inevitables; non é posible escapar delas; acontecen e hai que experimentalas.
  2. O feito de atravesar ditas crises e superalas xuntos, non só é indispensable para o crecemento e a evolución da parella, senón que ademais, o feito de superalas, reforza a unión xa existente entre os seus membros.

Vemos, polo tanto, como dando un xiro á nosa visión deste tema, as crises poden ter unha connotación positiva.

“Como?”, preguntaraste; pois enfocándoas coma retos, como probas, no sentido positivo do termo.

Considera o seguinte: se un quere promocionar a un posto superior na súa empresa, terá que facer méritos ou cumprir cos requisitos suficientes para demostrar que está preparado para asumir novas responsabilidades; se extrapolamos isto ao mundo da parella, se esta desexa continuar unida, os seus membros terán que demostrar e demostrarse mutuamente, que están preparados para afrontar exitosamente os novos retos e as novas situacións que lles vai ir deparando a súa vida en común no futuro.

Así, se ante unha crise te asustas, te irritas e te desesperas, pensando que é sinal dun mal pronóstico, ou que non vas ser quen de superala, as túas forzas veranse mermadas, estarás máis fráxil animicamente e polo tanto, non terás a claridade mental suficiente como para observar as cousas e as situacións como son, nin tampouco a serenidade precisa para tomar as decisións axeitadas en cada intre.

Pensa que, as mellores ferramentas para superar as crises, son a xenerosidade, é dicir, dando o mellor de ti e tentando minimizar os erros do compañeiro e o sentido do humor.

E lembra: as crises son unha OPORTUNIDADE.