Todos os nenos do mundo teñen dereito a unha familia, pero a realidade demóstranos que este dereito, en moitas ocasións, non se cumpre.
Por motivos tan diversos como situacións personais existen, neglixencias, adiccións, abusos, trastornos mentais, pobreza, desesperación, etc, hai moitos menores que, xa sexa dende o intre do seu nacemento, ou a partires dun determinado momento das súas vidas, sofren o abandono e a ruptura afectiva coa que ata ese intre era a súa figura de referencia, non cumpríndose, polo tanto, o seu dereito a ter unha familia.
Así, estes menores levan consigo unha ferida emocional que vai requerir dunha reparación e para elo, precisarase tempo e establecer un vínculo san e seguro cunha nova figura de apego, para o que, as familias adoptivas xogan un papel fundamental, tendo unha función tan importante coma terapéutica, xa que terán que afrontar o desafío, tan intenso como emocionante, de ofrecerlle unha familia e un fogar a un menor que non a ten, ou que nunca a tivo; que, debido á súa historia de vida (puido ter sufrido deprivacións tanto físicas como afectivas), está cheo de medo, de desconfianza, de raiba e de carencias afectivas.
De ahí a importancia do que se denomina como “motivación para adoptar”, xa que existe un gran descoñecemento respecto das implicacións que ten a adopción. A este respecto, no só son necesarias as ganas de adoptar e a ilusión de construir un proxecto familiar; tamén son imprescindibles, entre outros, aspectos como os que enumeraremos a continuación, que contribuirán a xerar un espazo emocional nas vidas dos adoptantes que, asemade, permitirá a atención das necesidades específicas do menor adoptado, así como o recoñecemento deste e da súa realidade:
- Que exista unha motivación para adoptar baseada no coñecemento profundo da realidade adoptiva e unha visión realista do que esta implica, así como da bagaxe persoal e das necesidades específicas destes menores.
- No caso das parellas, que exista un vínculo san e un consenso total sobre a decisión de adoptar.
- Que os adoptantes gocen de madurez e equilibrio emocional, así como da capacidade de procurar recursos cando os precisen.
- No caso de que os adoptantes sufriran perdas ou renuncias previas, é fundamental que o dó destas estea o suficientemente elaborado.
- Que se conten cunhas condicións personais, sociais, laborais e económicas que posibiliten atender axeitadamente as necesidades do menor adoptado, así como a súa integración na súa contorna.