Inicio
Paradoxo
Contacto

A nosa historia


Paradoxo nace en Xaneiro de 2007 como centro de psicoterapia e reeducación escolar.

Dada a experiencia laboral previa no eido da adopción por parte das dúas psicólogas fundadoras, en Xaneiro de 2008 este centro imparte o seu primeiro obradoiro de adopción para a asociación de pais adoptivos "Manaia", coa que leva colaborando dende entón na formación de familias adoptivas.

Nesa mesma época, Paradoxo comezou a realizar unha labor de asesoramento e psicoterapia con familias adoptivas, que continua na actualidade.

Servizos


Psicoterapia: adultos e nenos

As dúas codirectoras, Nuria Lago Fernández, colx. Nº G-3639 e Magdalena Hilda Otero Martínez, colx. Nº G-3640, son terapeutas familiares sistémicas (titulación recoñecida pola Asociación de Terapia Familiar de Galicia e a Federación Española de Asociaciones de Terapia Familiar).

Xunto coa práctica privada da psicoterapia neste centro, ámbalas terapeutas están adscritas ó "Programa de Atención a Familias con Problemas cos seus Fillos", resultado do convenio entre a ATFG e a Xunta de Galicia.


Atención psicoterapéutica e formativa
a familias adoptivas e acolledoras

No curso 2009/2010 ambas terapeutas formaron parte da segunda promoción do "Postgrao en Acollemento, Adopción e Postadopción" da Universidade de Barcelona en convenio coa Ramón LLull. Formación que nos puxo e nos mantén en contacto na actualidade, cos principais profesionais do eido da adopción en España e nos permite asemade estar ó tanto das investigacións máis recentes.

Ademais, Nuria Lago Fernández posúe o título de "Mediadora Intercultural".

Neste área tamén cómpre destacar a experiencia laboral previa nun Centro de Menores e nunha ECAI (Empresa Colaboradora de Adopción Internacional) das cofundadoras.


Reeducación escolar

Ademais da labor de reeducación neste centro: dificultades de atención, comprensión, lecto-escritura...

Magdalena Hilda Otero Martínez realiza un servizo de orientación educativa nun centro escolar, no que se imparten ciclos medios e PCPIs (Programas de Cualificación Profesional Inicial)


Formación: charlas, cursos e obradoiros

Levamos realizando dende os nosos comezos diversas charlas, cursos, obradoiros e demais accións formativas no campo da adopción, así como noutras áreas vencelladas ó eido da psicoloxía, tanto para organismos públicos, privados e asociacións.




Servizo de atención en
adopción e acollemento


Partimos do concepto de adopción como proceso que, como tal, vai pasando por diferentes ciclos ó longo da vida da persoa adoptada. Por este motivo o servizo diríxese tanto ás familias adoptivas e ós seus fillos, como a adultos adoptados.

Que facemos:

Formación


Servizo de asesoramento postadoptivo

Ofertamos un servizo dirixido a familias adoptantes, de xeito que teñan un lugar onde expresar e consultar as dúbidas e inquedanzas que sabemos que xurden ó longo da crianza dun/dunha menor adoptado/a.

Pola nosa experiencia e formación en psicoterapia e no eido das adopcións, somos conscientes de que nos procesos adoptivos o primordial, obviamente, é o interese do/a menor, pero existen moitos intres nos que os pais/nais e educadores se atopan desprotexidos/as, inseguros/as e sen un lugar concreto ó que acudir para consultar ditas inseguridades, sendo primordial para os /as menores que os seus pais/nais e educadores dispoñan de apoio e ferramentas concretas para exercer a súa educación dun xeito sereno e constructivo, libre de medos e culpas.

Este servizo ofrécese de tres xeitos:

Quenes somos



Paradoxo é un centro de psicoloxía especializado en psicoterapia e no asesoramento e a formación ás familias adoptivas e acolledoras.O noso traballo guíase por unha oriéntación sistémica que nos aporta unha perspectiva holística e integral das persoas que acuden a nós e das súas circunstancias, o cal posibilita un tratamento individualizado.

A visión positiva dos nosos clientes, como persoas que posúen recursos e o seu propio potencial, permítenos realizar un traballo terapéutico, no que as persoas descubren ditos recursos de xeito que os potencian, chegando así a converterse nos protagonistas dos cambios que desexan nas súas circunstancias vitais.

Como contactar


Paradoxo


Estudio de Psicoloxía e atención en Adopción e Acollemento

Rúa General Rubín, 11-1º

36800 Redondela (Pontevedra)

Teléfono: 986 400 426

e-mail:  paradoxo@paradoxo.es


Se non ten e-mail faga click aquí